Borja Prieto finaliza os Xogos do Mediterráneo en sexta posición. O piraguismo español consigue 4 medallas

63

A parella formada por Borja Prieto Valera e Pablo Andrés Iglesias so puido finalizar en sexta posición nos Xogos do Mediterráneo que se están disputando na cidade italiana de Pescara, nunha proba de K2 500 metros que foi gañada polos campións olímpicos Perucho e Saúl Craviotto, plata pra os franceses Hybois-Hubert, bronce para os italianos Falli-Regazzoni, cuartos os tamén italianos Benedini-Riccheti e quinta posición para os galos Lecrubier-Colin. Na sexta posición, a máis de tres segundos dos gañadores chegaron Prieto-Andrés, quenes a pesar de ser primeiros nas súas series clasificatorias de pola mañá non o puideron refrendar durante a final na que so quedaron por diante das embarcacións serbia, croata e grega, 7ª, 8ª e 9ª respectivamente.


España, que onte nas finais de 1000 metros so puido sumar dous cuartos e dous quintos postos resarciuse hoxe nas finais de 500 metros pois ó ouro de Perucho-Craviotto, hai que sumar o ouro en K1 500 de Fran Llera, plata de Teresa Portela e bronce de Ekaitz Saies.
Os Xogos do Mediterráneo, que concluirán na xornada de mañá, están liderados no medalleiro por Italia, 170 medallas, seguido de Francia, 135, coa delegación española na terceira posición sumando 78 medallas, 27 de ouro, quedando aínda grandes eventos por disputarse como o que se levará a cabo ás 21:00 horas de hoxe coa final de fútbol entre as selección de Italia e España.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios