Ruta sendeirismo Fragas da Ribeira e do Lostegal

40

O Club de montaña “O Caxado” quere manifestar o agradecemento a todos os participantes na marcha do Domingo, pois quedamos gratamente sorprendidos polo interes mostrado na vila por esta actividade, o que sin duda daranos animos para seguir traballando e tentar de ofrecer dende o Club , futuras actividades que nos pemitan coñecer mellor e disfrutar do noso concello.
O número de participantes superou as nosas previsios máis optimistas, aínda contando que a maña de auga que nos tocou votou para atras a bastante xente.
Tamen temos que dar as gracias ó Concello, á xente de proteción civil e do Grumir e as distintas casas comerciales que dunha maneira ou de outra colaboraron con nos na organización da proba e non nos podemos esquencer de Felicitas, pola sua axuda no Polideportivo.
En canto á camiñata, decirvos que participaron 125 camiñantes acompañados por 16 personas da organización e por un membro de proteción civil, o que fai un total de 142 personas na ruta, das que remataron a proba casi todos, pois salvo por duas ou tres persona que abandonaron por problemas fisicos leves e outras duas ou tres que tiñan outros compromisos e abandonaron por non darlles tempo a rematar, o reto chegou á meta.
No sorteo celebrado ó rematar a marcha do Domingo, que consistia nunha cea para duas personas asi como unha noite no hotel Fragas do Eume, o gañdor foi: Dorsal nª 44 – Jose Manuel López García

ruta1.jpg


ruta3.jpg
ruta2.jpg
ruta4.jpg
ruta5.jpg
Nova cortesía de Chucho

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios