A pontesa Gema Buitrón consigue a medalla de bronce na Universiada

102

A arqueira pontesa Gema Buitrón logrou onte a medalla de bronce nas Universiadas de Belgrado tras impoñerse onte á italiana Tomasi por 101-100. O ouro e a prata foron para dúas coreanas. Para acceder á loita pola medalla Gema foi 13ª nas calificatorias e nas rondas eliminatorias do pasado xoves gañou a Yuliya Starateleva (96-88), Erin Mickelberry (105-96), Viktoriya Koval (104-96), Dan Guo (106-105), perdendo en semifinais contra Kim Yeseul (111-103). Nas pasadas Universiadas Gema tamén conseguira a medalla de bronce pero naquela ocasión formando parella en mixtos co balear Daniel Morillo.


A delegación española finaliza as Universiadas de Belgrado con un botín de 10 medallas, 4 ouros e 6 bronces, a primeira posición no medalleiro foi para Rusia seguida de China e Corea do Sur.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios