O concello de As Pontes vai emprender unha nova fase do seu programa de erradicación das barreiras arquitectónicas

31

[RTV Eume] O concello de As Pontes vai emprender unha nova fase do seu programa de erradicación das barreiras arquitectónicas e urbanísticas para persoas con discapacidades, que aínda existen no noso município.


O consistorio pontés ven de acadar unha subvención da Deputación coruñesa para esta fin, por un importe de 50.000 euros, que se destinará íntegramente a obras que redunden na mellora da accesibilidade e tránsito en rúas e edifícios.
As barreiras que moitas veces presentan os espazos urbanos, afectan non só as persoas que padezan calquera tipo de discapacidade, senón tamén ós maiores que teñen dificultades de mobilidade.
Despois de agosto actuarase en edifícios públicos como a biblioteca municipal, ou a sé da policía local, e beirarrúas que aínda non contan con rebaixes, así como na Rúa castelao.
Estas actuacións enmárcanse nun programa integral de accesibilidade e eliminación de barreras arquitectónicas, no que se prevé continuar máis alá desta actuación puntual, de xeito que que permita a necesaria integración na vida do noso municipio aos veciños e veciñas con discapacidade.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios