O XERMADE F.S. GAÑOU O TROFEO FEMININO DE FÚTBOL SALA “FESTAS DO CARME 2009”

260

O Xermade FS proclamouse vencedor do trofeo “Festas do Carme 2009” ó gañar o FS As Pontes por dous goles a cero. O conxunto de Xermade foi superior ó pontés, equipo no que participaron algunhas xogadoras do CD As Pontes, acostumadas a fútbol campo, feito que lles dificultou adaptarse ó xogo de pista, todo o contrario das xermadesas, que habitualmente participan na liga provincial de fútbol sala. Esa diferenza foi determinante para gañar o encontro.
Por parte das pontesas xogaron Leti, Emma, Clara, Laura, Candela, Jani e Silvia. Polo Xermade FS participaron Laura, Susana, Lorena, Tania, Jesica, Yolanda, Pili, Tucha e Mika. Tania e Mika marcaron os goles do conxunto lugués.

futbol1.jpg

En canto o maratón masculino “Festas do Carme 2009”, sinalar que proclamouse campión o “Café do Alto-Esogal”, de Narón, que venceu na final ó tamén equipo naronés, “Pub Silver”. Nesta edición participaron 24 equipos de diversas localidades e os partidos disputáronse no polideportivo da Magdalena. O torneo foi organizado polo Esteo FS baixo o patrocinio do concello das Pontes.


futbol1.jpg

futbol1.jpg

futbol1.jpg

futbol1.jpg

futbol1.jpg

futbol1.jpg

futbol1.jpg

futbol1.jpg

futbol1.jpg

futbol1.jpg

futbol1.jpg

futbol1.jpg

futbol1.jpg

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios