Teatro, actividades para nenos e eucaristía nas Pontes

26

[Diario de Ferrol] A celebración da Virxe do Carme nas Pontes incluirá diversos actos como a misa cantada polo coro parroquial na Capela do Carme, ás oito da tarde. Será o xoves e a continuación haberá unha cea organizada polas “Carmes” da vila.
Nova do Concello: O teatro de Trapu-Zaharra e Parque@ctivo inauguran a importante programación cultural ideada para as Festas do Carme


Unha verbena, ás dez da noite na Praza que leva este nome, e a proxección de “La búsqueda 2: el diario secreto”, nos xardíns do Campo da Feira, completan a programación da tarde-noite. Previamente, ás seis, celebraranse diversos obradoiros sobre o consumo baixo o nome de “A pirámide dos alimentos”.
Estarán dirixidos a nenos de catro a dez anos. O de “Etiquetado alimentario e alimentos funcioanis” está pensado para os adultos. Ás 19.30 será a estrea da obra “Violeta coletas contra as salchichas” e no Cine Alovi haberá unha función de Títeres Trompicallo, para nenos a partir de seis anos. En canto ao programa do venres, haberá unha xincana ciclista organizada polo Club Ciclista Vilalba das Pontes para rapaces de ata 16 anos -será na avenida de Ferrol- e ás seis impartiranse clases de iniciación ao break dande con Faneka Murder.
O festival Minirock iniciarase ás 18.00 horas con “La Banda del camión”, na Praza do Carme e unha hora máis tarde José Marcial lerá o pregón, que irá seguido dun concerto da Rondalla Vila das Pontes, na Casa Dopeso. O “Nabiza rock” comenzará ás 23.00 horas na Praza do Carme, con Burning, Raze, Ogmios, Punta Norte, Que cunda o pánico, Jin Tony´s Son band e Soul Charmer. Hoxe, ás 18.00, haberá animación musical con Os Suplentes e xogos xigantes, así como teatro na rúa.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios