O Deportivo de Abeás e Pellón finaliza 19º no Campionato de España

64

Os xogadores ponteses Borja Abeás e Xavi Pellón (ambos do xuvenil do CD As Pontes) xogaron esta fin de semana no Primeiro Campionato de España de Afeccionados disputado en San Sebastián de los Reyes (Madrid), no que participaron, en total, 200 seguidores e hinchas representando ós 20 equipos de Primeira División.

depor.jpg


Non tiveron moitas sorte na Fase de Grupos e caeron suxcesivamente ante o Valencia (6-2), Villarreal (5-3) e Numancia (6-4). Sen embargo resarcironse na loita polo 19º e 20º posto tras gañar a Osasuna por 5-2.
O campión do torneo foi o Valencia, que se impuxo na final ó Almería por 3-1. O resto dos postos foron 3º Sporting, 4º A. Bilbao, 5º R.Santander, 6º Valladolid, 7º Mallorca, 8º Málaga, 9º Villarreal, 10º Getafe, 11º Betis, 12º Real Madrid, 13º Numancia, 14º Atlético Madrid, 15º Espanyol, 16º FC Barcelona, 17º Sevilla, 18º R.Huelva, 19º Deportivo, 20º Osasuna.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios