Éxito de público e participantes na exposición nacional canina

25

[Diario de Ferrol] A I Exposición Nacional Canina celebrada esta fin de semana en As Pontes concluíu onte con éxito de público e de participantes. Segundo os datos da organización, 188 cans de 60 razas diferentes acudiron á convocatoria, puntuable para o campionato de España.


O certame tamén acadou unha boa resposta de público, pois conseguiu reunir a arredor de 2.000 personas que acudiron a ver ós animais chegados de España e Portugal. Dende a Sociedad Cinológica Gallega Expogal, organizadora do evento, fixeron un balance positivo desta edición, a primeira celebrada en Galicia por unha entidade recoñecida pola Xunta.
Desta competición, que contou con oito categorías, saíron ademais varios campións galegos. Os gañadores foron un exemplar da raza puli, que quedou en terceiro lugar, un can de augas español que se fixo co segundo posto e un husky siberiano que quedou en primeira posición.
A xornada de onte comezou ás nove da mañá, última ocasión para inscribir a novos exemplares, e a partir das dez comezaron os xuízos dos participantes, que se prolongaron ata a hora de comer. Xa pola tarde, foi o turno das finais para os mellores exemplares.
A competición contou cun xurado internacional, con membros chegados dos Países Baixos. Tamén asistiu o presidente da Federación Canina Internacional e da Federación Cinológica Española, Alberto Fernández Félix. A actividade contou ademais co respaldo da Deputación provincial.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios