Europeo Sub19. Serbia 2 España 1. Serbia consigue unha incrible victoria ante unha España que se bota a perder

44

De incrible se pode calificar a victoria da selección serbia no partido de hoxe ante España no Campionato de Europa sub19. Saiu España a pola victoria e ós 5 minutos Joselu, coa colaboración da defensa e porteiro visitante anotou o 0-1. Nos seguintes minutos dominio absoluto dunha España que dispuxo de numerosas ocasións para ampliar e incluso sentenciar o partido, por medio de Fran Mérida, Iago, Joselu ou Jordi Pablo, pero España volveu a pecar como no encontro ante Turquía, deixouse levar pola comodidade do marcador, pero esta vez pagouno, e así, pouco antes do descanso nunha falta lanzada por Ljajic, grave erro de De Gea que lle sirve en bandexa o empate a Milanovic.


A segunda parte comezou con retraso por un chaparrón que para España non foi nada en comparación ó que aconteceu a pouco de reanudarse o partido xa que noutra xogada de estratexia Milanovic cabeceaba a gol. De ahí ó final do partido España buscaba marcar os goles que fallou na primeira metade pero conforme avanzaba o tempo os serbios encerrabanse ben e España perdía folgos, a pesar de todo o cadro español dispuxo de numerosísimas ocasións pero o balón non quería entrar, notandose tamén a escasez de rematadores natos.
En definitiva derrota de España ante unha Serbia ramplona e conservadora, que soubo sacar o máximo rendemeneto as xogadas a balón parado, pero que nunca mereceu gañar, tampouco España, a pesar do mellor xogo, os partidos duran 90 minutos e como tal hai que xogalos. As consecuencias, catastróficas, esta España á que lle gusta sufrir e que hoxe podía ter asegurado fácilmente a súa clasificación a semifinais terá que pelexar nun duelo a vida ou morte coa sempre complicada selección francesa, ademáis os galos teñen unha espiña clavada tras ser eliminados por España no Europeo Sub17 e no Mundial Sub17 do ano 2007. Ou sexa que peor panorama non se lles pode presentar a Rochela e compañía que o próximo luns ás 16:00; esta vez si, esperemos que se poida ver por Eurosport; saberán se poden continuar, ou polo contrario teñen que facer as maletas. Iso si, a única nota positiva nun día aciago, é que lles sirve o empate.
Nos outros encontros do día Suiza remontou a Eslovenia (2-1) e Ucraina e Inglaterra firmaron tablas (2-2), polo que no Grupo A lidera Suiza con 4 puntos, Inglaterra e Ucrania teñen 2, e pecha Eslovenia con 1. No grupo de España, Francia empatou no último minuto con Turquía (1-1), e a clasificación queda liderada pola sorprendente Serbia, con 4 puntos, España con 3, Francia 2, e Turquía 1.
España alineou a De Gea; Mario, Pulido (Aquino 83´), Rochela, Morgado (Raúl 75); Oriol, Sielva (Canales 62); Jordi, Fran Mérida, Iago; Joselu.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios