PRESENTACIÓN DO C.D. AS PONTES

70

Na tarde de onte o CD As Pontes realizou o seu primeiro adestramento de cara a vindeira campaña, na que o equipo pontés militará, por oitava temporada consecutiva, na preferente autonómica e con miras de ascender á ansiada terceira división.
Para lograr este obxectivo, este ano o As Pontes non escatimou medios para facerse cos servizos de xogadores de recoñecida calidade, como o porteiro Kiko, procedente do Viveiro, os defensas Suso Peña (que retorna procedente do Somozas) e Luis Gorgoso (do Castro), o centrocampista Bossa (do Bergantiños) e os dianteiros Iván González e Álvaro (do Castro), Jorge Parada (do Montañeros) e Adriano, tamén procedente do Bergantiños.

CD-As-Pontes-2009-10.jpg


Da temporada anterior causaron baixa Ángel, Alberto, Piru, Pablo, Pedro e Ferreiro. En calidade de cedidos marchan para o Santaballés, novo equipo na preferente, Víctor e Rouco.
Antes de que Alberto López, que continúa como adestrador unha temporada máis, o presidente da entidade pontesa, Xaime Castro, dirixiu unhas palabras ó plantel, nas que lles pediu o máximo esforzo e dedicación para lograr o ascenso de categoría que tanto reclaman os afeccionados.
O primeiro partido da pretemporada terá un carácter oficial, posto que o vindeiro sábado (1 de agosto) recibirá o Cerceda na primeira eliminatoria da Copa Deputación. O encontro comezará ás sete do serán (19,00h) no campo do Poboado.
XUVENÍS
Tamén comezaron onte os seus adestramentos os equipos xuvenís da liga nacional e da primeira autonómica. Continúan como adestradores Carballo, no conxunto da competición nacional, e Marco Roca no da autonómica.
As-fichaxes-CD-As-Pontes.jpg
DSCN0259.jpg
Adriano.jpg
Directivos.jpg
Xaime-Castro-e-directivos.jpg
Nova cortesía de AF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios