COPA DEPUTACIÓN DA CORUÑA: C.D. AS PONTES – C.C.D. CERCEDA (0-2)

69

O Cerceda clasificouse para a seguinte eliminatoria da copa Deputación ó gañar ó As Pontes por 0-2, en partido xogado no campo do Poboado diante duns 200 espectadores.
Encontro de dominio alterno, cun Cerceda técnicamente superior a un As Pontes, equipo que, neste primeiro compromiso, amosou boas maneiras pero que aínda lle falta máis rodadura nesta pretemporada que acaba de comezar. Os dous equipos tiveron boas ocasións para marcar, aínda que o Cerceda, que estrelou tres balóns nos paus, marcaría en senllos rigurosos penaltis sinalados polo santiagués Rodríguez Pérez. O primeiro sería no minuto 35 por mediación de Felipe, e o segundo no minuto 89 marcando Chiki o que ó final sería o resultado definitivo, aínda que o Cerceda puido incrementar a diferenza no marcador noutro protestado penalti que rexeiteou o novo meta pontés Kiko.

aspontes_cerceda_1.jpg


Polo As Pontes xogaron: Kiko, Brais, Jorge, Chote, Boo, Dani, Parada, Carba, Rebolo, Bossa e Álvaro. No segundo tempo entraron Rivas, Gorgoso, Troncho, Esmorís e Hugo.
Por parte do Cerceda saíron inicialmente Muradas, Noé, Bautista, Antonio, Aítor Díaz, Javi Villar, Souto, César Otero, Felipe, Eric e Chiki. Logo, no segundo tempo saíron Xaco, Rodri e Cabrejo.
Arbitrou o partido Rodríguez Pérez, de Santiago, que estivo ben en liñas xerais, aínda que moi riguroso nos penaltis que ó final supuxeron a vitoria do Cerceda.

aspontes_cerceda_2.jpg

aspontes_cerceda_2.jpg

aspontes_cerceda_2.jpg

aspontes_cerceda_2.jpg

aspontes_cerceda_2.jpg

aspontes_cerceda_2.jpg

aspontes_cerceda_2.jpg

aspontes_cerceda_2.jpg

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios