Borja Prieto seleccionado pra o Mundial de Canadá

104

Tralos últimos controis que tiveron lugar durante esta semana no embalse de Trasona (Asturias) a federación española de piraguismo fixo pública a lista definitiva de 26 embarcacións que representarán a España no campionato do Mundo de Darmouth (Canadá) que se disputará entre os vindeiros días 12 e 16 Agosto, e como xa estaba previsto, á falta de confirmación oficial, o palista pontés Borja Prieto competirá na proba de K4 200 metros xunto con Pablo Andrés, Álvaro Bravo e Joan Ardit. Non o fará sen embargo na recén creada proba de relevos 4 por 200 na que logrou o bronce nos Europeos pois nesta ocasión palexaran os campións olímpicos Perucho-Craviotto xunto con Saies e Llera.


Tamén foi seleccionado o prometedor canoísta de Pontedeume Yeray Picallo, que competirá nada máis e nada menos que en tres probas, en C4 1000 con Manuel Campos, Damián Ramos e Jose Sánchez, en C4 200 con Campos, Sánchez e André Oliveira, e nos relevos 4 por 200 con Campos, Sánchez e Jose Luis Bouza.
As maiores opcións de medalla de España neste campionato recaerán na dupla Perucho-Saúl Craviotto, David Cal, Teresa Portela e tamén terán as súas opcións a dupla Diego Cosgaya-Emilio Merchán, Javier Hernánz e Fran Llera.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios