Borja Prieto finalista en K4 200 metros no Mundial de Canadá

52

O K4 española integrado por Joan Ardit, Pablo Andrés, Álvaro Bravo e o pontés Borja Prieto Valera clasificouse hai uns minutos para a final que se disputará mañá tras ser terceiros na súa serie, con un alto nivel en tódolos participantes, gañada polo cuarteto bielorruso, seguido de Eslovaquia e España. Na outra serie, de menos nivel que a dos españois, con tripulacións de países con pouca tradición no piraguismo coma Singapur, Turquía, Venezuela ou Arxentina, clasificaronse por este orde Rusia, Serbia e Italia. Estas serán as 6 embarcacións que disputarán mañá a final xunto a outras tres que se xogarán o seu posto na repesca que se levara a cabo dentro duns minutos.


Na xornada de hoxe disputaronse as finais de 1000 metros e algunas de 500, e estiveron sensacionais os castelán leoneses Emilio Merchán e o tricampión mundial junior Diego Cosgaya que conseguiron o ouro na proba de K2 1000 metros, plata para Australia, bronce para Cuba, o K4 500 feminino integrado por Teresa Portela, Sonia Molanes, Beatriz Manchón e Jana Smidakova obtivo a medalla de bronce por detrás de Hungría e Alemaña.
Na xornada de mañá concluirá o Mundial coas finais que restan en 500 metros e todas as de 200.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios