‘RECUPEREMOS A FRAGA!!!!!!!!!!’, por Un espiritu_lejano

151

Cada ano, asisto a festa da Fraga, con menos ganas. As veces dubido se se trata da idade, algo pouco probable con 26 anos un non e ainda un vello.. E adoito a sair a miudo por non decir sempre.
Antano, cando tiña unha media de 20 anos, era a miña festa por excelencia. Cando acordaron facer 3 días de festa, aló polo 2004..dimos un brinco de alegria, tanto as miñas amizades coma mín. Era unha epoca de reunión, e ainda que nos viamos a miudo, pois eran uns dias de preparación de festa, de troula. Ir recoller as xestas, era un tremendo labor, pero ven levado por que non parabamos de contarnos historias, e montabamos unhas cabanas de xestas con maña, ganas, e admirabamos a nosa pequena casa por uns dias, era algo propio, algo laborioso. Con churrasco, alcohol, pasariamos uns dias, reunidos de xente de outras cabanas, amigos, colegas, non tan coñecidos, todo era bon, todo era conocer xente, ledicia.. Podias ir de cabana en cabana, todos te invitaban a un trago, coñecidos e descoñecidos. Todos presentabanse, e dabanche unha copa, e ti facias o mesmo, con esa xente, levabalos a tua cabana a votar unhas risas, e tomar unhas copas..! Non existia nin discoteca movil, nin historias. Recordo que levabamos a radio, e estabamos ali, escoitando musica, parolando..
De repente ano tras ano, observo,como discotecas moviles, foron perdurando e a xente, esta alí sempre, diante dun aparato bailando. Case non se falan,pouca xente vexo na rua, parolando, a gran maioria esta bailando sin mirar uns pa outros.. Onde esta o que a min tanto me gustaba desta festa. Onde esta, que a xente, te colla, e che parole de calquer cousa, que nin entendes, e te votas unhas risas con uns descoñecidos, donde.. quiza a nova xuventude non e coma min, quizas son eu a que esta errando e todo esto non e certo. Realmente, observo con disgusto isto. As cabanas, desmelloraron, agora todo e comprado, todo e rapido, e entendo na xente coma min, que non temos tempo, traballamos, toda a semana e a gran maioria foro do pobo..Vale, pero a rapazada nova, porque perdeu a ilusión de facer unha cabana de xestas? Un traballo laborioso si, pero co que moitos de nos disfrutamos como nenos!! Ahi, que recordos, que epoca.
Ainda que non estiven en contra nin a favor de cambiar a festa de sitio, realmente, actualmente, creo que a sesion vermut, degenerou moito. Quizais, antes, tiñas a opcion de bailar de mollarte de calimocho, de cervexa, de tirarte o barro, pero e que actualmente, case non queda outra opcion, mais que bañarte no barro, rebozarte na auga, e as veces pasar frio e outras calor..!! Pasou de ser unha festa, a ser unha animalada..!!Non sei que esta pasando, pero se escribo esto, e porque sinto que se perde os valores de esa festa, que non era outra mais que pasar nas cabanas parolando, escoitando a tua xente, e a que non a é. Bebendo e pasando ben. De golpe todo iso non existe..!!Todo é, bailar nunha discoteca movil, beber ata caer, e pouco máis. Xa non existe a miña fraga, a miña fraga, estará nos recordos. A nova xeneración vivirá unha fraga, que me temo que cada día ira a peor!!
Realmente, auguro que eu pro ano, estarei na zona dos maiores, como solia chamarlle, comendo un bo xantar, e cenando mentres sigo tomando algo cos meus amigos, e a miña xente coñecida que coma min, sempre lembrará aquelas fragas, na que nos daba o amanecer, rindo e falando e coñecendonos. Porque da fraga, saquei grandes amigos e tamen veciños:).
Un saudo de Un espiritu_lejano

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios