Un gran Borja Prieto roza o podio nun Mundial no que España consigue catro medallas

82

O piragüista pontés Borja Prieto quedou a un paso dos metais na proba de K4 200 metros nos Mundiais que se disputaron esta fin de semana en Canadá. O cuarteto novo e con pouca experiencia formado por Prieto, Pablo Andrés, Álvaro Bravo e Joan Ardit logrou un brillante cuarto posto, sendo so superado polos sensacionais bielorrusos que conseguiron nesta proba a súa enésima medalla de ouro nestes campionatos, plata para os eslovacos e bronce pra os rusos. Por detrás de España quedaron embarcacións de gran nivel coma as de Hungría, Canadá, Ucrania, Serbia e Italia.
borja_prieto.jpg


Pola súa parte o xove de Pontedeume Yeray Picallo logrou un máis que digno séptimo posto na final de C4 200 metros e oitavo na final de C4 200 relevos.
Na xornada de hoxe, España sumou dúas medallas máis, tralo ouro de onte do K2 1000 masculino (Cosgaya-Merchán) e o bronce do K4 500 feminino (Portela-Molanes-Manchón-Smidakova), os campións olímpicos Perucho e Craviotto quedaron coa mel nos beizos tras lograr a plata e quedar a tan so 2 milésimas do campión, que non podía ser outro que a Bielorrusia de Piatrushenka e Makhneu, na proba de K2 200 metros. Para rematar a xornada o relevo K4 200 metros (proba na que Borja logrou o bronce nos Europeos) logrou o ouro de maneira sensacional por diante de Alemaña, prata, e Francia, bronce. Nesta ocasión a Ekaitz Saies e Fran Llera acompañaronos na embarcación os campións olímpicos Perucho e Craviotto que desta maneira se resarciron do sabor agridoce da proba anterior.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios