TROFEO CONCELLO DE SAN SADURNIÑO SOMOZAS – AS PONTES (3-0)

72

O Somozas adxudicouse o trofeo Concello de San Sadurniño ó vencer ó CD As Pontes por un claro 3-0. Boa entrada no campo de Narahío, uns 200 espectadores.
Disputado partido entre o Somozas e o As Pontes que comezou con dominio dos ponteses, ben organizados no centro do campo e chegando con perigo á potería de Montoya, aínda que con pouco acerto de cara ó gol. O partido cambiou tralos goles de Cardelle e Charlón en menos de seis minuts, en senllas xogadas nas que non estivo moi atinado o meta pontés.
 
As ausencias das novas fichaxes do As Pontes -Bossa, Adriano, Kiko, Iván Álvarez e Bambam- que practicamente non se estrearon esta pretemporada, ademais dos obrigados cambios feitos por Alberto López, que tivo que incluír a catro xuvenís, fixeron que o control pasara no segundo tempo ó Somozas, aínda que o As Pontes creou algunha ocasión de gol. Sen embargo sería o Somozas o que marcaría o terceiro e definitivo tanto por mediación de Maikel. Puido maquillar o resultado Álvaro, pero o seu lanzamento de penalti foise ó poste.
aspontes_somozas_1.jpg


UD SOMOZAS: Montoya, Sergio, Eloy, David, Cardelle, Charlón, Cata, Aneiro, Popo, Nando e Isaac. Na segunda parte entraron Maikel, Edi e Manel.
CD AS PONTES: Marcos, Rivas, Jorge, Seco, Chote, Esmorís, Rebolo, Carba, Parada, Dani e Álvaro. No segundo tempo saíron: Brasi, Suso Peña, Vicente, Alonso e os xuvenís Xavi, Junior, Alejandro e Marcos Díaz (PS).
ÁRBITRO: Formoso Díez, auxiliado por Veiga López e Martinez Míguez, de Ferrol.
GOLES: Min. 38 (1-0), Cardelle. Min. 42 (2-0), Charlón. Min. 81 (3-0), Maikel.
aspontes_somozas_2.jpg
aspontes_somozas_3.jpg
aspontes_somozas_4.jpg
aspontes_somozas_5.jpg
aspontes_somozas_6.jpg
aspontes_somozas_7.jpg
aspontes_somozas_8.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios