RIBADEUME CELEBROU AS SÚAS TRADICIONAIS FESTAS DE AGOSTO

236

Como en moitas vilas e parroquias galegas, un ano máis, Ribadeume, parroquia preto da vila, ven de celebrar as súas tradicionais festas patronais da Asunción e San Roque. Durante tres días, lugareños, ribadeumeses que residen fóra e visitantes gozaron dun interesante programa de festexos, que, por certo, estiveron acompañados dunha excelente climatoloxía.

Ribadeume


Comezaron o venres cunha verbena a cargo do “Trío Sesión” e unha discoteca móbil. O sábado 15, o día central das festas, iniciouse cunha misa na honra á Asunción e que estivo cantada pola Rondalla de Cariño e logo realizouse a tradicional procesión pola praza da igrexa. Na sesión vermú actuou o Grupo de Gaitas de Ribadeume e o Grupo Samba. O numeroso público tivo a ocasión oportunidade de ver en directo unha demostración de artesanía de madeira de artesáns ponteses, que tiñan expostas varias pezas do seu interesante e laborioso traballo. Á noite, a segunda verbena cos grupos Samba e Fusión.
O derradeiro día das festas, comezou coa misa na honra a San Roque, continuando con música tradicional da agrupación de gaitas de Ribadeume e rematando coa sesión vermú do Grupo Aguazul. Con foguetes e os desexos de voltar de novo o vindeiro ano remataban así estas tradicionais e antigas festas de Ribadeume.
Tamén houbo competicións deportivas de fútbol-7, xogándose as semifinais o sábado, vencendo A Capela a Ribadeume por un claro 5-0 e P.Color Mix a Pub 069 por un resultado máis axustado (5-3). Na final, xogada o domingo, A Capela gañou a Color Mix por 6-2, logrando o trofeo das festas. Tamén houbo un partido entre solteiros e casados co resultado 4-3 a prol dos máis veteráns.
COÑECER RIBADEUME
Ribadeume recibe o seu nome pola súa situación en relación ó Eume, río que rega o leste da parroquia, ademais do de Maciñeira e os regos do Castro, Porto do Liño e Pena de Traste. Ocupa uns 14 quilómetros cadrados de terreo montañoso (Montouto, 566 m), agás unha pequena meseta na parte norte que fai de atalaia cara o río e val do Eume, onde viven á maior parte dos seus 227 habitantes. Como dato histórico, sinalar que en 1843 tiña 69 casas e 369 habitantes, que vivían da agricultura e gandería, facían carbón e traballaban a madeira para a construción de barcos, que exportaban para Ferrol e Pontedeume. Tiña un clima frío, pero san e distaba 9 leguas da Coruña e 15 de Santiago.
Comprende as aldeas das Seixas, O Cameleiro, Espá, A Folla Branca, A Fraga dos Cregos, As Gañidoiras, Pena de Traste, Roidiz, As Seixas, Os Ucedos e O Campo, núcleo de poboación que agrupa os lugares da Villerma, A Carreira, O Castiñeiro, O Cotillón, Os Castros, A Corredoira, O Petouto e A Pedra do Couto. Están deshabitados A Graña, O Raque e Viador.
É unha parroquia con abundancia de castros, os chamados de guarnición común moi abundantes na comarca. A igrexa parroquial tivo varias reformas e a súa espadana, de dúas campás, é do século XVIII. Á carón súa hai un cruceiro e un sartego paleocristián. Na praza principal do lugar existe un cruceiro construído no ano 1863.
Antes parroquia do concello da Capela pasou en 1983 ó de As Pontes, xunto a Bermui, A Faeira, San Pedro de Eume, Goente, Seixo e Espiñaredo. Na división eclesiástica pertence á diocese de Santiago de Compostela e arciprestado de Bezoucos, que comprende os concellos de Ares, Cabanas, Fene, Mugardos e parte da Capela.
As Pontes, agosto 2009 (AF)

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Ribadeume

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios