Presentación do C.D. AS PONTES Feminino

87

O pasado luns o As Pontes feminino comezou a súa preparación de cara a vindeira temporada ligueira. O cadro pontés, que se estreou en competición oficial a temporada anterior acadando unha máis que meritoria oitava posición na liga e chegou ós cuartos de final na copa, afronta, se cabe, con máis ilusión unha nova andadura na liga galega, que este ano contará cun grupo na primeira autonómica, 14 equipos, e tres na segunda, con doce equipos no primeiro e dez no segundo e terceiro grupos.
cd_aspontes_feminino_1.jpg


No grupo do As Pontes continúan da pasada temporada o Pastoriza, Santa Minia, Noia, Tordoia, Atlético Muralla e Orzán B, xa que ascenderon á primeira autonómica o Atlético Melide, Boiro e Dubra e o Friol á liga nacional, mentres que o Racing de Ferrol, logo de lograr o ascenso, desapareceu. Estreasen en competición a Milagrosa (Lugo), Balouta (Muimenta-Lalín), Victoria (A Coruña), Crocha Balompé (Pobra do Caramiñal) e O Val, de Narón, que substituirá na comarca ferrolá ó desaparecido Racing de Ferrol.
O plantel segue a ser basicamente o mesmo ca o do pasado ano, cunha media de 18 anos. Con Leti, como porteira; Silvia, Emma, Jani, Mar, Paula e Yaiza, defensas; Patri, Andrea, Laura, Lara e Carla Da Silva, no centro do campo, e Carlota, Alba, Patricia e Sara, como dianteiras. Javier Salido continúa como adestrador e como axundante conta este ano con Antonio Pita, que substitúe a Guillermo Pena.
No equipo están á procura dunha segunda porteira, para que en caso de baixa de Leti -que xogou tódolos partidos da pasada temporada- poda ocupar o seu posto. Iria Gómez, que se incorpora ó equipo, é unha das opcións, aínda que esta xogadora pode actuar na defensa ou no medio do campo. En principio, do equipo B tamén se incorpora Clara Castro, que con anterioridade estivera nos equipos de base, e ó longo da pretemporada pode haber máis incorporacións do conxunto B.
A competición de liga comezará o vindeiro 13 de setembro e na primeira xornada o As Pontes recibe no Poboado ó Milagrosa de Lugo, novo na categoría, e O Val viaxa a Tordoia.
cd_aspontes_feminino_2.jpg
cd_aspontes_feminino_3.jpg
cd_aspontes_feminino_4.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios