Solicitude BNG As Pontes: Portavoces Plan E

100

D. X. Hixinio Adega Ardao, na súa condición de portavoz suplente do Grupo Político Municipal do BNG no Concello das Pontes,
E X P Ó N
• Que no na sesión ordinaria do Pleno do Concello do mes de abril do presente ano, no punto 7º.1 da orde do día, foi debatida a moción presentada polo GPM do BNG sobre da Xeración de Emprego derivada do Plan Estatal de Investimentos Locais que tiña como finalidade facer un seguimento e control da meritada creación de postos de traballo na nosa localidade, moción que foi rexeitada polos votos en contra do PSOE e do PP, por seren, ao seu entender, “innecesaria”.
• Que no mesmo mes a Xunta de Goberno Local do Concello de As Pontes adxudicaba o conxunto das obras, rebaixando a xeración de emprego prevista de 130 postos até 19 totais.
• Que durante o tempo transcurrido até hoxe téñense producido diversas informacións nos medios de comunicación por parte de representantes sindicais nas que se denuncian irregularidades, incluídos despidos do persoal contratado ao abeiro do citado Plan, novas das que o Alcalde ten constancia.


Polo exposto con anterioridade, e en base as afirmacións feitas pola representante do Goberno Municipal durante a súa intervención no debate da moción do BNG no Pleno de abril -“…nos poñemos á vosa total disposición e de todos os grupos para facilitar toda a información; …”,
S O L I C I T A
– A convocatoria urxente dunha Xunta de Portavoces na que o Alcalde informe do estado da situación e das súas actuacións e, se procede, se acorden outras consideradas necesarias.
As Pontes, 20 de agosto de 2009
O PORTAVOZ DO BNG
Asdo.: X. Hixinio Adega Ardao

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios