Entrevista a Borja Prieto Varela, por Xóse Ferreiro

116

“Se chegamos a estar dous meses adestrando xuntos, incluso poderíamos optar á victoria”
O palista pontés Borja Prieto acaba de chegar de Darmouth. Durante este verán conseguiu un terceiro posto nos Europeos de Alemaña, foi sexto nos Xogos do Mediterráneo en Italia e o pasado fin de semana acadaba o cuarto posto no Mundial de Canadá. A vindeira semana disputará o Campionato de España, pero antes de partir Borja comentanos as súas vivencias en Canadá.
bprieto.jpg


Hola Borja, neste 2009 conseguiches un terceiro posto no Europeo e fuches cuarto no Mundial, que valoración fas destas dúas competicións?
Pois fago unha valoración moi positiva, xa que os resultados acadados son en 200 metros, unha distancia atípica para min, pero a que me adaptei perfectamente.
O cuarteto do K4 estaba composto por ti, Pablo Andrés, e dous que se estreaban, Joan Ardit e Álvaro Bravo, lograr un cuarto posto nestas condicións é moi meritorio, ou ¿ti cres que podíades facer máis? Contame como viches a final que disputaches o domingo.
Só tivemos dúas semanas para acoplar a embarcación pero tivemos a sorte que dende o primeiro momento foi todo sobre rodas, pero se chegamos a estar dous meses adestrando os catro xuntos creo que podíamos chegar a gañar, incluso adestrando o pouco tempo que estivemos xuntos se chegamos a facer unha mellor saída podíamos estar no podium ou incluso gañar, había moito tempo que non tiña esta sensación de poder chegar a gañar unha regata, e o mellor de todo foi que era nun campionato do mundo.
No Europeo lograches o bronce na proba de relevos xunto a Fran Llera, Ekaitz Saies e Pablo Andrés, pero no Mundial entraron Perucho e Craviotto no teu lugar e no de Pablo, ¿non che da algo de pena non haber estado nese cuarteto gañador como si o fixeron Llera e Saies, porque ir cos campións olímpicos casi garantizaba o ouro?
Pois si, pero os técnicos da federación foron os que decidiron que sairan eles. Aparte de preparar o k4 custaríame bastante estar ó nivel exixido en k1 para a regata de relevos.
Na delegación española destacaron Cosgaya-Merchán e Perucho-Craviotto, conseguironse catro medallas, que está moi ben, sen embargo, esperabase algo máis de Cal (que se reserva pra o 2012) ou Portela, por exemplo. ¿Que valoración fas do papel de España nestes Mundiais? ¿Pensas que se podían lograr máis metáis?
En xeral o equipo fixo un gran papel xa que na clasificación por nacións quedamos en cuarta posición, e nós, os kaiakistas homes logramos vencer na clasificación por países. Logo en casos máis concretos, o k2 de Merchán e Cosgaya foi unha gran sorpresa xa que comezaron a adestrar xuntos un mes antes do campionato, Cal polo que sei comezou a adestrar en xaneiro, Saúl (Craviotto) e Perucho estiveron moi ben, na chegada do k2 200 tiveron mala sorte xa que dúas milésimas non e case nada, e ¿máis metais? por suposto, pero terá que ser o ano que ven.
Neste Mundial Bielorrusia causou sensación e eclipsou un pouco ós tradicionais dominadores como poden ser Hungría ou Alemaña. ¿Que opinas do resto das seleccións? ¿Que destacarías?
Os países en xeral toman o ano post-olímpico como de transición, comezan novas embarcacións que teñen un obxetivo a catro anos, Bielorrusia ten catro kaiakistas que levan competindo xuntos 8-9 anos e iso nun ano así de cambios da moita ventaxa.
Cal é o palista que máis che impresionou neste campionato?
Sen dúbida o alemán Ronald Rauhe, estaba a preparar o k2 a principios de ano e o seu compañeiro púxose enfermo durante mes e medio, preparou o k1 en 500 e 200 metros, chegou ó campionato e foi capaz de gañar nas dúas distancias.
Que che pareceu Darmouth e Canadá?
Darmouth é unha cidade moi tranquila e a xente foi moi amable con toda a familia de piragüistas que estivemos alí, e Canadá é un país diferente pero moi interesante, voltaría noutra ocasión a coñecelo mellor, xa que cando vas de competición pouco podes visitar xa que o tempo libre que tes é para descansar.
¿Que valoración fas desta tempada?, e ¿cales son os teus obxectivos para o ano que ven?
Unha valoración positiva deportivamente falando xa que volvín a disputar un Campionato do Mundo e conseguín o meu primeiro podium nun Campionato de Europa na categoría absoluta (despois de ser campión en sub23), e tamén por quedarme ás portas da medalla nun campionato do Mundo. Para a próxima tempada, xa veremos, ainda que o máis seguro é que loite por entrar no k4 1000 metros, que é a distancia olímpica en k4, e senón nos 200 metros.
Moitas gracias Borja e moita sorte en vindeiras competicións.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios