Amistoso Feminino Pretempada. O Val 0 – As Pontes 4

82

Victoria clara do As Pontes ante un dos seus rivais nesta Liga 2009-2010, O Val de Narón, por cero goles a catro no encontro disputado na tarde de hoxe no Campo de Sinde. Comezaban ben as cousas para as pontesas tralo tanto da goleadora Paty Blanco ós 3 minutos, que deixou un sabor agridoce porque se tivo que retirar con molestias no pé dereito. O primeiro tempo foi de dominio absoluto das azuis, con ocasións para Lau, Sara por alto a porta baleira, e un tiro ó poste de Carlota. A segunda metade comezou tamén con boas ocasións pra Sara, e Carlota que tirou ó longueiro. Pero cando todo semellaba que as naronesas se sacudían a presión, resarciuse Carlota, que tras controlar ben o balón e zafarse das defensas, picou con maestría ante a saída da porteira no 66´. Apenas dous minutos despois sentenciaba Lau despois dun gran gol tras unha galopada por banda. Xa no 75´ unha falta ó borde da área é maxistralmente executada por Lau que marca pola escadra. Polo equipo local, que contaba con varias xogadoras do desaparecido Racing de Ferrol feminino, a destacar a habilidosa dianteira Jessi, que mereceu o gol, pero nunhas ocasións a maxistral Jani e noutras as boas intervencións de Leti impedíronllo.
oval_aspontes_1.jpg


O adestrador Salido alineou neste encontro a 1 Leti; 8 Paula, 4 Jani, 2 Emma, 7 Silvia; 6 Andrea, 10 Lara; 18 Sara, 3 Lau, 14 Carlota; 5 Paty. Tamén xogaron 9 Paula, 11 Andrea Cabarcos, 12 Cristina Bocelo e 17 Natalia.
As pontesas comezarán a Liga no Poboado o día 13 ante a Milagrosa de Lugo.
oval_aspontes_2.jpg
oval_aspontes_2.jpg
oval_aspontes_2.jpg
oval_aspontes_2.jpg
oval_aspontes_2.jpg
oval_aspontes_2.jpg
oval_aspontes_2.jpg
oval_aspontes_2.jpg
oval_aspontes_2.jpg
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios