O Concello abre hoxe o prazo para solicitar as axudas para as festas parroquiais e de barrio ás que destinará 10.500 euros

39

[RTVEume] O Concello abriu hoxe o prazo para a solicitar axudas municipais para a celebración de festas parroquiais e de barrio noa no vixente. A administración local destinará 10.500 euros a este programa de axudas, otorgando un máximo de 700 euros por colectivo solicitante, aínda que, no caso de que o interesado así o desexe poderá contar co apoio, na súa celebración, coa actuación dun grupo local que teña asinado un convenio co Concello.


Poderán beneficiarse destas achegas as asociacións veciñais e as comisións de festas en parroquias ou barrios de carácter tradicional, de contrastada continuidade, e legalmente constituídas.
As solicitudes deberán formularse mediante unha instancia dirixida ao Alcalde e que será posible solicitar tanto no Rexistro Xeral do Concello coma no departamento de Cultura.
Asemade, será preciso incluir a fotocopia da tarxeta do CIF da entidade, certificación dos datos bancarios da mesma, orzamento de gastos e ingresos do programa de festexos presentado, programa de actividades proposto para a celebración, datos do representante da comisión de festas e unha declaración do representante na que se recolla non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade para contratar e percibir subvencións da administración pública.
Ata o 15 de outubro será posible presentar toda esta documentación no Rexistro Xeral do Concello. Posteriormente, esta documentación será sometida a un proceso de valoración e puntuación co fin de otorgar a subvención correspondente.
Denantes do 25 de outubro darase a coñecer a puntuación de cada comisión ou asociación solicitante e a contía a recibir.
Para obter máis información sobre as bases destas axudas poden consultar o Boletín Oficial da Provincia do 27 de agosto ou ben achegarse ata o Rexistro Xeral do Concello ou o departamento de Cultura, onde será posible aclarar tódalas dúbidas xeradas en relación a este proceso.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios