Borja Prieto, medalla de bronce en K1 200 metros nos Campionato de España

131

O palista pontés Borja Prieto despediu os Campionatos de España levados a cabo en Verducido con una nova presea, nesta ocasión bronce, na proba de K1 200 metros.
Borja comezou a mañá impresionatne, impoñendose na contrareloxo de 32 participantes na que se ía decidir cal serían os 27 semifinalistas. Xa nas semifinais, gañou a súa serie claramente, pero xa na final, so puido ser bronce, nunha final onde os catro primeiros foron os integrantes da embarcación que acadou o cuarto posto no Mundial, 1º Pablo Andrés con 35:95, 2º Joan Ardit con 36:22, 3º Borja con 36:46, e 4º Álvaro Bravo con 36:89.


Tamén competiu Borja xunto ao seu irmán César na proba de K2 200 metros, pero non puideron pasar ás semifinais cos 27 mellores, ao quedar na posición 34ª na contrareloxo previa.
Na clasificación por equipos impúxose o Kaiak Tudense con 754 puntos, seguido de Zamora con 351 e Breogán do Grove con 321. O Grupo Xuvenil foi 22º con 57 puntos.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios