Gema Buitrón calificase en 38º posición nas eliminatorias do Mundial de Corea

55

A arqueira pontesa Gema Buitrón calificouse na 38º posición das 97 participantes nos Mundiais de Tiro con Arco que se están a celebrar na cidade coreana de Ulsan e accedeu á repesca. Gema obtivo un total de 1300 puntos, a súa compañeira Magali Foulón foi 27ª con 1311 puntos, polo que entrou directamente nos trinatedousavos de final. Peor lle foron as cousas a Beatriz Cabrero ó finalizar 73ª con 1253 puntos. Tres coreanas coparon os primeiros postos, Kwak (1364), Yun (1363) e Joo (1357).


O mal día de Cabrero foi clave pra que España quedase eliminada na competición por equipos, pois clasificaban as 16 primeiras seleccións, e España foi 19ª con 3864 puntos, quedando a nove da 16ª Gran Bretaña, que obtivo 3873. As eliminatorias serán Corea(1)-Gran Bretaña(16), China(2)-Rusia(15), China Taipei(3)-Japón(14), Ucrania(4)-Bielorrusia(13), Georgia(5)-Canadá(12), Alemania(6)-Italia(11), Francia(7)-EEUU(10), e Colombia(8)-Polonia(9).
Na xornada do domingo disputaranse as rondas eliminatorias no recurvo feminino, casualidades do destino, si Gema vence na súa eliminatoria contra a iraní Zahara Shams, que hoxe foi 91ª con 1191 puntos, enfrontaríase en trintaedousavos de final á súa compañeira de equipo, a balear Magali Foulón. Pola súa parte, Beatriz Cabrero competirá coa xeorxiana Asmat Diasamidze (56ª) por un posto entre as 64 mellores.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios