Gema Buitrón finaliza o Mundial en 56ª posición

55

A arqueira Gema Buitrón rematou a súa estadía en terras coreanas coa 56ª posición na clasificación final do Mundial de Recurvo Feminino.


Comezou vencendo na repesca á iraní Zahara Shams por 106-96, obtendo incluso a segunda mellor marca das 64 repescadas. Sen embargo en trintaedousavos de final nada puido facer ante á súa compañeira de selección, Magali Foulón, que venceu por 107-101, anque posteriormente perdería en dezaseisavos de final con unha das favoritas, a representante de China Taipei Lin, por 103-107. A outra representante española, Beatriz Cabrero, venceu na repesca á xeorxiana Asmat Diasamidze (101-99), perdendo logo coa ucrania Yulia Lobzhenidze por 110-105. En definitiva, 26ª Magali Foulón, 47ª Beatriz Cabrero e 56ª Gema Buitrón.
As semifinais disputaranas o vindeiro mércores a local Ye Ji Kwak, de 17 anos, contra a polaca Karina Lipiarska, e a tamén coreana Hyun Jung Joo contra a colombiana Natalia Sánchez.
O máis destacable para a delegación española ata o de agora é a 10ª posición de Fatima Agudo e 14ª de Luis Miguel de la Torre, en composto, e a 15ª de Elías Cuesta en recurvo. A esperanza de medalla, Jose Dúo, que o mércores disputará as semifinais de composto ante o británico Liam Grimwood, a outra será entre o neozelandés Stephen Clifton e o estadounidense Reo Wilde.
Nova cortesía Xosé Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios