PARTIDO AMIGABLE DE PRESENTACIÓN: O ESTEO PERDEU POLA MÍNIMA DIANTE DO BURELA (4-5)

31

O Esteo FS deixou unha boa impresión na súa presentación diante da súa afección, pese a perder pola mínima (4-5) ante o CD Burela, equipo da división de prata e que a piques estivo de ascender á división de honra. O partido disputouse no pavillón da Fraga, que rexistrou unha boa entrada, a pesar da excelente climatoloxía, uns 150 espectadores nas gradas, con presenza de seguidores de Burela.
esteo_1.jpg


A diferenza de categoría e o banquiño foron determinantes para que os da Mariña acadasen a vitoria por ese apretado resultado, incluso se viron beneficiados por dous goles marcados en propia meta e nos segundos finais Noé estivo a punto de empatar pero e seu forte disparo estrelouse no longueiro.
Os lucenses aliñaron ó longo do partido a todo o seu plantel, 13 xogadores, mentres que o Esteo acudía a este partido con varias baixas, polo que tivo que aliñar a tres xogadores do equipo xuvenil.
Inicialmente saíron polo equipo das Pontes: Javichu, Gerardo, Fran, Jaime e Noé. Logo entraron Rubi, Diego Pellón, Diego Martinez, Roi e Ito. Jaime, en dúas ocasións, Gerardo e Noé foron os autores dos goles do Esteo.
esteo_2.jpg
esteo_3.jpg
esteo_4.jpg
Nova cortesía A,F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios