ROMARÍA DA PENA DE FRANCIA

54

Esta fin de semana dúas parroquias pontesas celebraron os seus tradicionais festexos do verán, a romaría da Pena de Francia, na parroquia do Freixo, e o San Cristovo do Vilar, na parroquia da Vilavella.
Ó norte da parroquia do Freixo tivo lugar unha das romarías máis antigas da comarca, a da Virxe da Pena de Francia, cuxo santuario data de 1665. A ermida está situada nunha frondosa carballeira á beira do rego de Solloso e da aldea do mesmo nome, e ó pé da mesma ten lugar a romaría e a festa, que este ano xuntou a numerosos romeiros de varios lugares do concello e da comarca. Os dous días houbo misa, procesión da virxe e música.
Pena de Francia


Medio milleiro de romeiros levaron as súas merendas a esta bonita carballeira e gozaron desta festividade, acompañada dunha excelente climatoloxía, que estivo amenizada coa música tradicional dos Trevillas e a máis moderna a cargo do dúo Bambú.
Pena de Francia
ORIXE DO SANTUARIO E O NOME DE PENA DE FRANCIA
Segundo os datos do arquivo da diocese de Mondoñedo e no da parroquia do Freixo, este santuario foi construído no ano 1665 polos condes de Montenegro, Fernando Sanjurjo Montenegro e Florencia de Estua y Miranda, que vivían no pazo de Pude da parroquia de San Simón da Costa (Vilalba), e sendo cura da parroquia do Freixo –unha das máis importantes do territorio- o irmán do conde, Antonio Sanjurjo Montenegro.
A capela está en bo estado, sendo reformada a mediados do século pasado, conservando o seu antigo pórtico da entrada e a espadana. Ten un sinxelo retablo e catro imaxes.
O feito de levar o nome de Pena de Francia ven da devoción que sentía a condesa de Montenegro pola virxe de “Peña de Francia” do santuario do mesmo nome, situado ó sur da provincia de Salamanca, preto da bonita vila de La Alberca. Este santuario ten a súa orixe na chegada a esta zona, no século XI, de traballadores franceses, o que ocasionou que paraxes, montes e ríos levasen o nome de “Francia” (Peña de Francia, Sierra de Francia, Nava de Francia,…), e incluso algúns apelidos franceses perduran na actualidade. O documento máis antigo que fai referencia a este suceso data de 1293.
A invasión árabe obrigou ós habitantes desta comarca a refuxiarse nas montañas levando consigo as súas modestas pertenzas e as imaxes dos seus santos. Pasaron os séculos e no XV foron achadas naquel lugar catro imaxes, a da Virxe, a de Santiago, a de San Andrés e a do Santo Cristo. Construíuse o santuario que levaría o nome de “Virgen de Peña de Francia”, o cal na actualidade é moi visitado por devotos e curiosos.
Tamén apareceu unha lenda moi comentada, segundo a cal a Virxe aparecéuselle a un estudante francés que lle impulsou a procura da súa imaxe agochada en terras de occidente, nunha cova, coa promesa de construír alí unha igrexa. O mozo, chamado Simon Rolan, veu de peregrinación a Santiago e no regreso ó seu país acercouse ata a “Peña de Francia” onde achou a imaxe da virxe. Adicouse a ela e no alto da montaña, situado a 1.753 metros de altitude, construíu unha capela, que no século XV foi substituída por outra máis ampla e un cenobio.
O Freixo, 7 de setembro de 2009 (AF)
Pena de Francia
Pena de Francia
Pena de Francia
Pena de Francia
Pena de Francia
Pena de Francia
Pena de Francia
Pena de Francia
Pena de Francia
Pena de Francia
Pena de Francia
Pena de Francia
Pena de Francia
Pena de Francia
Pena de Francia
Pena de Francia
Pena de Francia
Pena de Francia
Pena de Francia
Pena de Francia
Pena de Francia
Pena de Francia
Pena de Francia
Pena de Francia
Pena de Francia

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios