Nota de Prensa BNG: O ALOVI ACOLLERÁ UN ACTO PÚBLICO INFORMATIVO SOBRE DO LAGO EN OUTUBRO

47

O BNG obriga ao grupo de goberno do PSOE a dar información ás veciñas e aos veciños de As Pontes.
No Pleno de hoxe o BNG presentaba tres mocións para o seu debate; as relativas á recollida de voluminosos (mobles, colchóns, …) para instaren á Xunta a continuaren co servizo interrumpido por Sogama dende o 1 de setembro, e a do bono social da factura eléctrica dos fogares para esixiren ao Estado, á Xunta e ao Concello a informaren e colaboraren na súa tramitación, foron aprobadas por unanimidade.
Porén, o consenso rachábase coa proposta verbal do BNG ao grupo de goberno do PSOE, motivada pola recente memoria da Fiscalía de Medio Ambiente, para celebraren un acto público informativo, no auditorio municipal, durante o mes de outubro, no que o Concello, a Consellaría de Medio Ambiente e Endesa expoñan a marcha do proxecto do lago, e no que respondan ás preguntas e as suxestións dos asistentes. A moción foi aprobada cos votos en contra das concelleiras e dos concelleiros do goberno municipal do PSOE, que terán que asumir a convocatoria do acto.
A Asemblea Local do BNG celebra a decisión plenaria adoptada, despois dos dous intentos anteriores (maio de 2008 e xuño de 2009), que foran rexeitados polo PSOE e polo PP.
Asemblea Local do BNG de As Pontes, 9 de setembro de 2009.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios