SAA HONROU Á SÚA PATROA, A VIRXE DO PINO

73

O barrio máis habitado da parroquia da Vilavella, Saa, celebrou esta fin de semana as súas festas patronais na honra da Nosa Señora do Pino, unha advocación mariana orixinaria das illas Canarias e instituída neste lugar a principios dos anos sesenta do século pasado, debido á distancia que había á igrexa parroquial da Vilavella e a que as festas da parroquia ían en decadencia. Tamén influíu a súa poboación, que no censo de 1970 contaba con 231 habitantes nas dúas barriadas, Saa de Arriba e Saa de Abaixo (este hoxe desaparecido) e os próximos de Carracedo e Maciñeira sumaban entre os dous sesenta veciños.
festas_saa_1.jpg


Neses anos foron unhas das festas máis importantes da comarca, incluso a xente dos arredores ía de merenda e había competicións deportivas, principalmente de fútbol, nas que sempre participaba o equipo do barrio coñecido popularmente polos “Tritóns de Saa”.
Os_Tritons_de_Saa1.jpg
Os_Tritons_de_Saa2.jpg
A capela de Saa é de construción modesta e no seu interior están as imaxes da Virxe do Pino e Santo Antonio. A imaxe da Virxe foi doada en 1964 por Antonio Bouza, veciño de Carracedo, que a trouxo das illas Canarias.
festas_saa_2.jpg
As festas deste ano comezaron o venres cunha churrascada e unha verbena co dúo Deno. O sábado houbo misa e música con Aguazul e Chylava e o domingo misa e verbena con Bambú.
festas_saa_3.jpg
A NOSA SEÑORA DO PINO
Esta advocación mariana ten a súa orixe nas illas Canarias, concretamente en Gran Canaria da que é patroa. A súa imaxe está na basílica do municipio de Teror. Foi coroada en 1905 e en 1914 foi declarada patroa da diocese de Canarias polo papa Pío X.
Existen outros santuarios da Virxe do Pino en Canarias (Agüimes, El Paso –La Palma-, Tenerife e Lanzarote), en Vinuesa (Soria) e en América, en Venezuela, Cuba, California e México (parroquia de Santa Ana, en Michoacán).
Leva este nome porque a tradición oral dí que alá polo ano 1481 a imaxe da Virxe apareceuse de forma sobrenatural enriba dun piñeiro situado preto de onde hoxe está a súa basílica, no municipio grancanario de Teror. Dende 1929 ten honores militares con rango de Capitá Xeneral do Exército de Canarias.
festas_saa
festas_saa
festas_saa
festas_saa
festas_saa
festas_saa
festas_saa
festas_saa
festas_saa
festas_saa
festas_saa
festas_saa
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios