ENTREVISTA A ISMAEL VEIGA BALSEIRO, por Xóse Ferreiro

356

O piloto pontés Ismael Veiga Balseiro conseguiu hai un par de semanas en A Capela o seu 14º título de campión galego, a pesar de contar con tan so 17 anos. Mantiven unha conversa con Ismael e estas son as súas opinións.
IXCampGalSuperCrosIVeiga090829097.jpg


Hola Ismael, noraboa polo recente título, ¿gañas tantos que xa estás acostumbrado ou polo contrario celebralo coma o primeiro? ¿Que sentiches en Vilar de Mouros cando cruzaches a meta e te proclamaches oficialmente campión?
Sempre fai ilusión, porque cada ano hai, ou ben cambios de categoría ou cambios de pilotos, polo que non sempre se compite ó mesmo nivel nin coa mesma xente. A verdade é que ó cruzar a meta non sentín nada, xa que me enterei despois de rematar a carreira que gañara.
Gañas o título a falta de unha proba, ¿foi doado ou máis complicado do que parece? ¿Cómo valoras esta tempada?
É máis complicado do que parece porque hai bos pilotos e non te podes permitir ningún fallo. Esta tempada foi boa porque gracias a Deus non tiven ningunha lesión e a moto comportouse bastante ben.
¿Como te iniciaches neste mundiño? ¿Cando che empezaron a gustar as motos?
Comecei con 4 anos con unha moto automática que me emprestaron e ó ver que se me daba ben, o meu pai mercoume unha. Despois de anos adestrando, á idade de 8 anos decidimos competir no campionato galego e dende entón ata agora.
Se non me equivoco, fuches 7 veces campeón galego de Super Cross e outras 7 de Motocross, case nada, ¿Cal foi a victoria que máis ilusión che fixo e cal foi o titulo que máis che custou gañar?
Polo momento, o que máis ilusión me fixo, e á súa vez o que más me custou, foi chegar a alcanzar o 2º posto en sénior, xa que é a categoría “reina”, e agardo acabar así a tempada. Pero isto non quere dicir que os anteriores títulos non sexan importantes xa que me axudaron a estar onde estou.
¿Que che gusta máis?, ¿motocross ou supercroos?, ¿Cales son principais diferencias entre ambos?
A verdade é que non podo elexir, porque depende do circuito. Pero o supercross é máis divertido, xa que ten moitos máis saltos que o motocross e os saltos é unha das cousas que mellor sei facer.
Nestes anos viaxaches por toda Galicia e coñecerás moitos lugares e circuitos, pero ¿cal é o circuito que máis che gustou?
O de Vilar de Mouros é un dos meus favoritos, porque é un circuito moi completo e moi coidado.
Como afeccionado, supoño que sigues todo o que engloba o mundo das motos, ou decantaste por algunha especialidade en concreto, non sei, por exemplo, Edgar Torronteras e Dani Torres (Freestyle), Iván Cervantes (Enduro), Marc Coma (Dakar), Pedrosa e Lorenzo (Velocidade) ou Toni Bou e Adam Raga (Trial)…
O supercross de Estados Unidos é un dos meus favoritos e o que máis sigo. O malo é que non o retransmiten na Televisión, e teñoo que ver por internet.
¿Cal é o teu piloto/s favorito?
Desde pequeno o meu piloto favorito foi Stefan Everts, un piloto belga de motocross varias veces campión do mundo.
Gran piloto, si señor, ¿A onde che gustaría chegar no mundo das motos? ¿Como te ves nun futuro?
Como a todolos deportistas ó máis alto, pero é moi complicado. Neste deporte non se pode predecir o futuro, xa que unha lesión pode apartarte dos circuitos e neste deporte é moi fácil lesionarse.
Para os que non o saiban, Ismael Veiga foi un brillante lateral dereito que xogou nas categorías inferiores do CD As Pontes, incluso gañou varios títulos de Liga e Copa. ¿Cómo valoras os teus anos como futbolista? ¿Deuche pena deixalo ou os teus múltiples compromisos coa moto facíanche moi dificíl compaxinar ambos deportes?
Teño bos recordos e fixen moitos amigos, ademáis o fútbol axudoume moito para prepararme físicamente para ambos deportes. Deume pena deixalo, porque nun principio abandonei o fútbol por unha lesión. Pero actualmente tampouco poderia compaxinar futbol e motocross xa que ó subir de nivel, aumenta tamén a dedicación en ambos deportes.
Pois moitas gracias Ismael e moita sorte este fin de semana en Meis e a ver si consigues manter o segundo posto na clasificación Senior.
IXCampGalSuperCrosIVeiga090829092.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios