CD AS PONTES: VITORIA DOS CADETES E DERROTA DO XUVENIL B NO POBOADO

61

Bo comezo de liga para o conxunto cadete do CD As Pontes que na primeira xornada de liga goleou no Poboado ó Narón BP por un claro e contundente 7-0, resultado que dí o que aconteceu no terreo de xogo. Os de Calpita incluso puideron marcar máis goles.
cadetes_1.jpg


Saíron no equipo inicial: Cristian, Alberto, Rubén, Marcos, Sergio Meizoso, Álex, Juan, Álvaro, Tini, Darío e Luis. No segundo tempo entraron Sergio Criado, Diego, Galego e David. Inauguraría o marcador Juan no minuto 9 e un minuto máis tarde marcaba Tini. Cando ía o minuto 20, Luis rouba un balón no medio do campo e nunha rápida escapada chega diante do meta neronés e marca o terceiro gol local. Darío establece o 4-0 no minuto 31 e logo, no 35 e 37, Tini redondeaba a súa tarde goleadora con dous goles máis. Xa no segundo tempo, minuto 30, Sergio Criado establecía o definitivo 7-0.
Quen non tivo moita sorte no seu partido foi o cadro xuvenil B caendo derrotado no Poboado diante do Galicia de Mugardos por 0-2 na terceira xornada da primeira autonómica xuvenil.
Tamén tiveron unha xornada goleadora os infantís que gañaron en Neda á SD Rápìdo de Neda por un claro e rotundo 0-9.
Nova cortesía de A.F.
cadetes_1.jpg
cadetes_1.jpg
cadetes_1.jpg
cadetes_1.jpg
cadetes_1.jpg
cadetes_1.jpg
cadetes_1.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios