REXIONAL PREFERENTE. CD AS PONTES 0 SANTABALLÉS 0

149

No primeiro enfrontamento oficial entre ambos equipos, o As Pontes, a pesar das súas multiples fichaxes, foi incapaz de gañar ó recén ascendido Santaballés, repleto de ponteses. Na primeira metade destacar dúas ocasións, unha para cada equipo, Víctor (13´) e Adriano (36´), a máis clara, un tiro de Bossa ó poste (43´). Xa no segundo tempo, os visitantes comezaban a dar por bo o empate conforme pasaban os minutos, e o As Pontes foi a polo gol, pero a carencia de pegada local impediu que se movese o marcador. As ocasións máis claras, Pablo (76´), Parada (82´) e Boo (94´). O As Pontes situase cuarto a catro puntos do lider Betanzos, e a semana que ven visitará ó Castro.
futbol_1.jpg


0 CD AS PONTES. Kiko, Brais, Jorge, Chote, Boo, Pablo, Jorge Parada, Bambam (Troncho 50´), Adriano (Rebolo 55´), Bossa, Álvaro (Dani 63´).
0 SANTABALLÉS. David (Manu 66´), Santi, Víctor López, Miguel Cazás, Rouco, Chechu, Yelco (Melo 82´), Pellón (Oli 57´), Víctor Iglesias (Cristian 74´), Púas, Pachi (Cazás 69´).
Árbitro: Del Río Amor. Auxiliado nas bandas por Fuertes e Rodríguez. Amonestou a Álvaro e expulsou ó visitante Oli no 88´.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Sensacional entrada, uns 450 espectadores, moitos visitantes, en tarde soleada.
Nova cortesía Xóse Ferreiro
futbol_2.jpg
futbol_3.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios