PRIMEIRA NACIONAL B FÚTBOL SALA: O ESTEO GOLEOU Ó JUNQUERA (6-0)

64

Clara vitoria do Esteo diante Automoción La Junquera, de Vilagarcía de Arousa, na primeira xornada de liga (6-0). Uns 150 espectadores no pavillón municipal da Fraga.
Cómoda vitoria do Esteo diante dun La Junquera, equipo do que se esperaba máis neste primeiro encontro da temporada. Os ponteses foron moi superiores e controlaron o partido de principio a fin, tendo moitas ocasións para marcar, incluso en dous dobre-penaltis, que errou Noé en senllos lanzamentos. No equipo local non se notaron as baixas, incluso tiveron a súa oportunidade Diego Pellón, Diego Martinez e Roi, do equipo xuvenil.
foto1.jpg


O ESTEO FS: Javichu, Gerardo, Fran, Noé, Rubi –cinco inicial- David, Pellón, Diego Pellón, Diego Martinez e Roi.
LA JUNQUERA: Pece, Fran, Gelabert, Sesar, Álex –cinco inicial- Adrian, Diego, Jaime, Parajó, Dani, Eric e Marcos.
ÁRBITROS:Manteiga e Remeseiro (A Coruña).
GOLES: Min. 4 (1-0), Noé. Min. 7 (2-0), Fran. Min. 14 (3-0), Diego Pellón. Min. 19 (4-0), Rubi. Min. 23 (5-0), Noé. Min. 26 (6-0), Rubi.
Nova cortesía A.F.
foto2.jpg
foto3.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios