MARRAXÓN CELEBROU A FESTIVIDADE DOS REMEDIOS

56

O lugar de Marraxón, a uns tres quilómetros ó norte da vila das Pontes, festexou esta fin de semana á súa patroa, a Nosa Señora dos Remedios. Os lugareños e visitantes gozaron de dous días de festexos con celebracións relixiosas, foguetes e música a cargo do grupo “La Clave”, ademais do bo xantar coa familia e os amigos.
O día máis importante foi o domingo, que comezou con foguetes, seguidos dunha misa. O pertinaz orballo do día anterior e da mañá do domingo presaxiaba a suspensión da procesión. Sen embargo, no intre no que ía comezar xurdiu a “remedio” da Virxe e o sol saíu, polo que os fregueses puideron sacar en procesión á Virxe.
Trala cerimonia relixiosa, tivo lugar no campo da festa a tradicional poxa do produtos da terra e despois as pezas da misa a cargo do grupo “La Clave”.
marraxon_1.jpg


A CAPELA DA VIRXE DOS REMEDIOS
Esta capela está situada á beira da estrada que atravesa este lugar, dividido en dous, Marraxón de Arriba e Marraxón de Abaixo, que xunto ós veciños de Garabatos e Vilarnovo, suman corenta habitantes en total, e están situados nunha planicie de 500 metros de altitude, preto do encoro da Ribeira.
O santuario está en bo estado e ten un bonito e interesante retablo. No seu interior atópanse a imaxe da Virxe dos Remedios e as da Nosa Señora do Socorro, San Antón e San Xosé. Enfronte da capela hai un cruceiro que data de 1911.
Esta advocación mariana dos Remedios está moi estendida por toda España e é a patroa das dioceses de Tenerife e Mondoñedo (onde ten un interesante santuario de estilo barroco construído no século XVIII polo bispo Sarmiento), ademais desta pequena aldea pontesa.
Marraxón (As Pontes), 20 de setembro de 2009
marraxon
marraxon
marraxon
marraxon
marraxon
marraxon
marraxon
marraxon
marraxon
marraxon
marraxon
marraxon
marraxon
marraxon
marraxon
marraxon
marraxon
marraxon
marraxon
marraxon
marraxon
marraxon
marraxon
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios