CERVICOL E A SÚA VIRXE DAS NEVES

465

Na aldea de Cervicol, na parroquia de Somede, hai unha modesta capela adicada á Nosa Señora das Neves. Está situada ó fondo dunha ladeira ó pé mesmo dunha frondosa carballeira e do rego do Caxado.
Este domingo os veciños desta parroquia e os nados nela e residentes fóra, aínda que non fixeron festa con música e foguetes, si quixeron honrar á súa patroa cunha misa. Despois da sinxela cerimonia relixiosa, subida pola pendente cara a Cervicol e a xantar coa familia e os amigos.
Cervicol.jpg


A NOSA SEÑORA DAS NEVES
É unha das advocacións marianas máis antigas. Data do século IV e está moi estendida en España, Italia, Portugal e Latinoamérica.
A orixe está atribuída á época do papa Liberio. O relato dí que un vello e rico matrimonio da nobreza de Roma, que non tiveran fillos e eran moi caritativos cos demais, solicitaron da Virxe para que os seus bens tiveran un mellor uso cristiá. A Virxe díxolles que onde sinalara ela debían construír un templo, e así na mañá do 5 de agosto o monte Esquilino de Roma apareceu nevado, polo que se interpretou que era o desexo da Virxe, polo que alí edificaron unha capela. Outras versións din que a Virxe se lle apareceu en soños ó matrimonio e ó papa anunciándolles a neve de agosto. Posteriormente a capela desapareceu e no 434 reconstruíse unha nova, sendo a actual basílica de Santa María a Maior.
A partir do ano mil comezou a espallarse a devoción a outros lugares. A lenda española relata a historia dun cura e un camiñante que estando, cada un pola súa conta, por Sierra Nevada no medio dunha forte nevarada perdéronse. Ós dous aparecéuselles a Virxe e indicoulles o camiño a seguir e salvounos dunha morte segura. No lugar levantouse unha ermida (a actual Vieja de Dílar), e dende aquela a Virxe das Neves é a patroa de Sierra Nevada.
Posiblemente a capela de Cervicol ten esta advocación debido a que é unha terra de nevadas intensas, pois está situada no medio de montañas con altitudes superiores ós 500 metros e con frecuentes nevaradas na época invernal. É unha sinxela construción rectangular, que precisa dunha restauración, sen espadana e cunha pequena cruz na parte superior do lousado.
Cervicol (As Pontes), 20 de setembro de 2009 (AF)
Cervicol.jpg
Cervicol.jpg
Cervicol.jpg
Cervicol.jpg
Cervicol.jpg
Cervicol.jpg
Cervicol.jpg
Cervicol.jpg
Cervicol.jpg
Cervicol.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios