Revista de Estudos Históricos Locais

47

A Asociación de Estudos Históricos e Sociais “Hume” das Pontes presentará na tarde do Xoves 24 de setembro o seu segundo número da revista de historia local. Será na Biblioteca Municipal ás 20:30 horas. O prezo do número é de 5 €.
A publicación ábrese cunha portada na que aparece o nacemento do río Eume. Con ela a Asociación quere defender o necesario coidado dun malferido río nos últimos tempos. O número está adicado nesta ocasión á memoria de D. Carlos Fornos de Luis, e conta con artigos de Andrés López Calvo sobre o camiño de Santo André de Teixido, de Ovidio García Pazos sobre o amaño da Ponte dos Ferros no 1781, de José María Lopez Ferro no que se catalogan os horreos da comarca das Pontes, de Antón Ferreiro un repaso á historia do deporte pontés, de Fina Blanco, Nieves Seijo e José Manuel Riveira de recollida etnográfica local, e un último artigo de Xabier Martínez dando conta da historia das capelas pertencentes ás parroquias de Santa María da Pontes e de Santa María da Vilavella.
A partires do vindeiro Venres a publicación poderá adquirirse nas librerías locais.
hume.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios