O AS PONTES INFANTIL CONTINÚA IMBATIDO NA LIGA: C.D. AS PONTES – GALICIA DE MUGARDOS (5-0)

45

O conxunto infantil do CD As Pontes sumou onte a súa terceira vitoria consecutiva logo de disputar a terceira xornada de liga diante do Galicia de Mugardos, ó que venceu por un claro e contundente 5-0, un resultado que puido ser máis amplo polas ocasións habidas ó longo do partido, ademais dun balón que se foi ós paus e un penalti botado fóra por Diego, logo de marcar o primeiro lanzamento, pero que houbo que repetir porque o árbitro non dera autorización para lanzalo.
aspontes_infantil_1.jpg


O equipo de Rebolo aliñou de principio a Manu, Alberto, David, Iván, Brais Martinez, Brais Blanco, Nahúm, Ángel, Álex, Enrique e Diego. No segundo tempo entraron David Rey, Jorge, Luis e Roberto. Nahúm, Enrique, David Rey e Brais Blanco foron os autores dos goles ponteses. O outro tanto pontés foi marcado en propia meta por un defensor mugardés.
Despois de tres xornadas disputadas, o C.D. As Pontes encabeza a clasificación con nove puntos, 17 goles a favor e ningún en contra. Na vindeira xornada xoga en Pontedeume diante do Eume Deportivo.
Nova cortesía de A.F.
aspontes_infantil_1.jpg
aspontes_infantil_1.jpg
aspontes_infantil_1.jpg
aspontes_infantil_1.jpg
aspontes_infantil_1.jpg
aspontes_infantil_1.jpg
aspontes_infantil_1.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios