REXIONAL PREFERENTE. CD AS PONTES 6 LEMOS 2

26

Unha lástima que o As Pontes so conseguise marcar catro goles nos cinco primeiros partidos porque na tarde de hoxe conseguiu seis e puido caer una decena. Comezaba adiantandose ós 12 minutos cando Bossa centra una falta, Adriano fai o amago, despista o porteiro, e o balón acaba dentro. No 19´ Parada cabecea a gol o saque de córner dun incisivo Álvaro. Tras colocarse con 2-0 e prácticamente sentenciar o encontró, chegaron os 15 minutos fatídicos dos locais, no 30´ Pape combina con Quiroguita e este último bate a Marcos por baixo, dous minutos máis tarde Pape marca un bonito gol tras batir por alto a Marcos case sen ángulo. Incluso puideron adiantarse pero o As Pontes reaccionou antes do descanso e tras una xogada embarullada Adriano acaba marcando o terceiro (39´). Tralo descanso, no 53´, tras una boa xogada de Parada, Adriano aproveita o rexeite do porteiro para poñer o 4-2 no marcador. No 60´ tras un gran pase de Adriano desde banda Parada marca o 5-2. O propio Adriano con un gran gol desnde fóra da área no 67´ selaba o seu particular hat trick. De ahí ó final do encontro Adriano puido marcar algún máis, incluso Parada (64´) e Rebolo (86´) pero o marcador non se moveu.
futbol_1.jpg


6 AS PONTES. Marcos, Rivas (Seco 70´), Jorge, Chote, Brais, Dani Fdez (Pablo 55´), Parada (Iván González 65´), Carba (Rebolo 60´), Adriano, Bossa, Álvaro.
2 LEMOS. Diego Penas (Jonathan 70´), Jato (Gomis 2´), Meji (Breogán 55´), Alex, Álvarez, Basan, Héctor, Robertiño, Pape, Ríos, Quiroguita.
Árbitro: Adrián García Rodríguez (A Coruña) Auxiliado nas bandas por Rodríguez Campos e Esparís Carballo. Amonestou a Robertiño.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. 150 espectadores.
Goles: 1-0 minuto 12 Bossa. 2-0 minuto 19 Parada. 2-1 minuto 30 Quiroguita. 2-2 minuto 32 Pape. 3-2 minuto 39 Adriano. 4-2 minuto 53 Adriano. 5-2 minuto 60 Parada. 6-2 minuto 67 Adriano.
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios