Segunda Autonómica Feminina. SD. O Val 1 C.D. As Pontes 0.

46

Primeira derrota do equipo feminino no partido disputado hoxe á maña no Campo de Sinde. O resultado fixo pouca xustiza ó visto no terreo de xogo, pois a pesar de ser o Val un equipo ben plantado e coas ideas claras, as visitantes mereceron algo máis. A primeira metade foi de dominio alterno, anque as mellores ocasións foron para o As Pontes. Ó borde do descanso as naronesas adiantaronse tras un remate de cabeza de Laura (43). Isto afectou ás pontesas que nos 20 primeiros minutos da segunda metade quedaron embotelladas na súa area e apenas pasaron de medio campo. Pero pouco a pouco foron sacudíndose a presión e crearonse boas ocasións, dúas de Carlota, e un balón ó longueiro tras un mal rexeite da defensa a saque de esquina de Paty. Xa no desconto, tras un tiro de falta de Patri, e o posterior rexeite da porteira, o árbitro do colexio ferrolán David Sierra complicouse a vida tras anular un gol de Carlota por dubidoso fora de xogo, que podía significar o empate, o que provocou a expulsión do adestrador, un carrusel de cartóns amarelos e o enfado da afección pontesa desprazada a Narón. Un mal final pra un partido tranquilo no que o As Pontes mereceu sacar algún punto. A semana que vén, visitará o campo do Poboado un dos equipos favoritos, o Victoria de A Coruña.
futbol_1.jpg


S.D. O Val 1. Lesi, Pili, Cuqui (Tere 83´), Rosa, Noelia, Marga (Loli 78´), Carmen, Mónica (Eva 88´), Laura, Paula, Jessi (Ana 86´).
C.D. As Pontes 0. Leti; Yaiza, Silvia, Jani, Alba; Andrea (Patri Dopico 68´), Lara, Clara (Sara 45´), Carlota, Lau; Candela (Paty 45´).
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios