RESULTADOS DOS EQUIPOS DE BASE DO CD AS PONTES

22

Non tivo boa estrea de competición o alevín A, xa que perdeu por un claro 0-7 diante do Racing do Ferrol. O equipo que adestra Parajón comezou ben, pero a raíz do primeiro gol visitante veuse abaixo. Xogaron polo As Pontes A: Adrián, Iago, Jonathan, Álex, Juan, José, Raquel, Pablo, Esteban, Ismael, Alberto e Álvaro.
aspontes_inf_1.jpg


Quen si comezou ben a competición foi o conxunto B que gañou no Val por un contundente 0-6, con goles de Josiño, en tres ocasións, Diego, Adrián e Alejandro.
Tamén comezaron con vitoria os benxamíns B que venceron ó Rápido de Neda por 3-0, con goles de Jorge, Álex e Dani. Xogaron polo As Pontes: Nesi, Roi, Antón, Chema, Alejandro, Jorge, Javi, Germán, Mateo, Dani e Álex. Pola súa banda, o benxamín A empatou a tres goles na casa do Portuarios B.
O As Pontes infantil sumou unha vitoria máis ó gañar ó Eume Deportivo no campo da Gándara por 2-3, con goles de Enrique, Brais Blanco e Nahúm. Os cadetes, con polémica arbitral incluída, empataron no Poboado (2-2) co Numancia de Ares, con goles de Álex, de penalti, e Luis.
Tampouco tiveron moita sorte os equipos xuvenís, xa que o da liga nacional caeou en Vigo diante do Areosa (2-1) e o da primeira autonómica sufriu unha severa derrota no Poboado diante do difícil Portuarios (0-5).
aspontes_inf_1.jpg
aspontes_inf_1.jpg
aspontes_inf_1.jpg
aspontes_inf_1.jpg
aspontes_inf_1.jpg
aspontes_inf_1.jpg
aspontes_inf_1.jpg
aspontes_inf_1.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios