UN FUTBOLISTA DE AS PONTES XOGARÁ CONTRA O REAL MADRID

36

Como xa acontecera anteriormente co gran Adrián López, o futbolista pontés Diego Andrés Bermúdez Penabad enfrontarase contra o Real Madrid dos Cristiano Ronaldo e Kaká, entre outros, tralo sorteo dos dezaseisavos de final da Copa do Rei levado a cabo onte na Real Federación Española de Fútbol.


bermudez.jpgBermúdez, nado en As Pontes hai 27 anos, xoga de lateral esquerdo no Alcorcón, equipo no que é habitualmente titular, e que actualmente ocupa a séptima posición na Segunda División B (Grupo Segundo).
Formado nas categorías inferiores do Endesa de As Pontes, Bermúdez formou parte da gran xeneración do 82, compartindo equipo, entre outros, con Xoel González, Miguel Vilaboy, Iván Alonso ou Rubén Rivas. Co Endesa de As Pontes foi campión de Liga e Copa Alevín en 1993 e 1994, campión de Liga e Copa Infantil en 1995 e 1996, e campión da Liga Cadete en 1998.
Na súa carreira futbolista militou ademáis no Compostela, Atlético Arteixo, Móstoles, Osasuna B e Leganés, equipo con que xogou no último ano a Fase de Ascenso a Segunda División A. Tamén foi convocado á selección galega de afeccionados.
O partido de ida disputaráse o vindeiro 28 de Outubro, ás 21:00, no estadio de Santo Domingo. O partido de volta será o 10 de Novembro no estadio Santiago Bernabéu.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios