ÉXITO DA PRIMEIRA FEIRA DO MEL E DO QUEIXO CELEBRADA EN GOENTE

33

A idea xurdida hai un ano na Casa do Mel de celebrar unha feira de exaltación de dous produtos autóctonos do concello das Pontes e a súa comarca, o mel e o queixo, non puido ter mellor inicio na súa primeira edición celebrada este domingo na parroquia de Goente, onde ten a súa sede a Casa do Mel.
A Asociación da Casa do Mel, xunto a “Queserías del Eume” e ás asociacións de veciños Raíces de Goente e Virxe do Rosario da Faeira e baixo o patrocinio do concello das Pontes organizouse esta primeira edición, que rexistrou unha gran afluencia de público, máis de mil persoas vidas do concello pontés e das comarcas do Eume e Ferrolterra. Uns 600 quilogramos de mel e numerosos queixos vendéronse nesta primeira edición.
Goente


O queixo da Faeira de varios tipos (curado, madurado, de “tetilla” e o requeixo) e o mel procedente de producións da comarca e incluso da Ribeira Sacra foron os protagonistas, pero tamén había postos de pan de trigo e doces como o roscón e os famosos manteigados das Pontes. Houbo sitio para artesanía da madeira a cargo da Asociación de Amigos da Madeira das Pontes e as pinturas e o pirogravado de Lourdes Acera.
Varios membros da asociación de veciños de Goente prepararon dende a mañanciña os freixós ata un total de cinco mil unidades. Como a climatoloxía acompañou, cerca de 800 comensais reuníronse na ampla carpa instalada no campo da festa á beira da igrexa parroquial, onde a vindeira fin de semana se celebrarán as tradicionais festas patronais do Rosario desta dinámica parroquia pontesa. Churrasco, chourizos, freixós, acompañados de viño e outras bebidas compoñían o menú do xantar e para a sobremesa e a merenda os freixós, o queixo e o mel.
Un dos espectáculos máis aplaudidos polo público foi a exhibición de Pedro Salas e a súa cadela “Ronda”, que amosou as súas habilidades como animal de asistencia a persoas con discapacidade, abrindo e pechando portas e caixóns e espindo ó seu dono. Un grupo de gaiteiros da Banda de Gaitas Alfaia amenizou esta xornada feiral con música tradicional galega.
Sen lugar a dúbida, foi unha bonita xornada de exaltación destes dous produtos, o queixo e a mel, na que se destacou a boa organización, quedando o listón moi alto para a vindeira edición que será na Faeira, onde ten a súa industria produtiva “Queserías del Eume”, fundada precisamente en Goente en 1960, sendo trasladada ó lugar da Faeira no ano 1983, e que produce un queixo manteigoso e cremoso moi coñecido e apreciado na comarca e no país galego e incluso fóra de Galicia.
Goente (As Pontes), 11 de Outubro de 2009 (AF)
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente
Goente

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios