O vindeiro día 17 de Outubro, o Museo Etnográfico da Capela, organiza as 5ª Xornadas Museisticas

28

Nestas Xornadas presentaránse os traballos galardoados no 2º premio de investigación “Ferro Caaveiro” nos que se recupera a memoria da figura de Manuel Doce Viñas “O Panda”, e se recorda a vida dos “fragueiros” na época da posguerra. Tamén se presentará o proxecto da Universidade Rural Galega e inauguraráse o Parque Etnográfico do Sesín. E para rematar presenciaremos un concerto de música de raiz, realmente interesante de Xavier Blanco, interpretado con “instrumentos pobres”, chamados asi pola sua sinxeleza ou por seren elementos da vida diaria reconvertidos en instrumentos musicais.
museisticas.gif


O programa das Xornadas e o seguinte:
10,30 h. Recepción dos participantes e apertura
11,00 h. Actividades economicas complementarias no Xabariz da posguerra;
de Duarte Basoa Anca (Licenciado en Historia)
11,45 h. Saberes de antes para o desenvolvemento de hoxe;
Paula Ares Losada (Técnica da Universidade Rural Galega)
12,30 h. Manuel Doce Viñas “O Panda”. Na propia dignidade;
de Rosa Méndez Fonte (Licenciada e Doctora en humanidades)
16,00 h. O Parque Etnográfico do Sesín
18,30 h. Concerto didáctico: “Instrumentos pobres”
por Xavier Blanco (Músico e luthier)
19,30 h. Clausura das Xornadas
Máis información en http://www.museodacapela.org/

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios