REXIONAL PREFERENTE. AS PONTES 3 BETANZOS 0. O AS PONTES GAÑA Ó LÍDER E SITUASE SEGUNDO A UN PUNTO

25

Triunfo importantísimo do As Pontes o conseguido esta tarde no Campo de O Poboado, gañou ó líder, recurtoulle tres puntos, e ademáis colocouse segundo trala derrota do Dorneda co “mataxigantes” Santiago de Compostela. Adiantouse o As Pontes no 19´ tras un gol do ex xogador do Betanzos Adriano a pase de Carballeira. Apenas un minuto máis tarde puido empatar o pontés Xoel (foto) pra o Betanzos con unha gran vaselina que saiu fóra por pouco, e tamén puido aumentar a ventaxa o propio Adriano cun trallazo ó longueiro dende fóra da área no 22´. Na segunda metade, no 59´, os locais poñían distancia de por medio tras un gol de falta de Pablo, nun disparo ó que Darío non consigue chegar. A saída do revulsivo Álvaro serviu para que o As Pontes tivera dúas boas ocasións, unha nas súas pernas (75´) e outra por parte de Iván González (73´), que tamén puido marcar no 82´, pero no seu disparo o balón foi ó corpo de Darío. Nun contragolpe no 90´, o propio Iván González é derrubado dentro da área e Bossa encargase de transformar o claro penalti ó estilo Panenka. No desconto puido chegar o tanto da honra dos visitantes cun despexe de Brais ó poste. A próxima semana o As Pontes visitará o campo do Dorneda nun partido clave entre o segundo e o cuarto clasificado.
aspontes_01.jpg


CD AS PONTES 3. Marcos, Rivas, Jorge, Chote, Brais, Pablo, Rebolo (Iván González 45´), Carba, Adriano (Dani 91´), Bossa, Suso Peña (Álvaro 72´).
BETANZOS 0. Darío, Samaniego (Agustín 68´), Muñiz, Seijas, Poncela, Muíña, Fran (Dani 68´), Rodeiro, Álvaro, Xoel, Marcos.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 200 espectadores, en tarde soleada.
Árbitro: Montesinos Leal (Lugo). Auxiliado nas bandas por Polo Fernández e Jacobo Otero. Amosou cartón amarelo a Marcos, Brais, Rodeiro e ó adestrador local Alberto López.
Goles: 1-0, minuto 19, Adriano. 2-0, minuto 59, Pablo. 3-0, minuto 90, Bossa, de penalti.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro e A.F.
aspontes_01.jpg
aspontes_01.jpg
aspontes_01.jpg
aspontes_01.jpg
aspontes_01.jpg
aspontes_01.jpg
aspontes_01.jpg
aspontes_01.jpg
aspontes_01.jpg
aspontes_01.jpg
aspontes_01.jpg
aspontes_01.jpg
aspontes_01.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios