Liberado o núcleo de Symbian

77

Lendo mancomun.org:
“Fai un tempo xa que Nokia prometerá que ía liberar Symbian. Isto xa empeza a ser unha realidade xa que como se indica dende o blog de Symbian, o núcleo do sistema operativo Symbian, Epling, foi liberado baixo a licenza EPL.
Está é unha proba do compromiso de Nokia coa comunidade do software libre. Ademais agora Symbian ten integrado un kit de probas, para axudar aos usuarios a iniciarse nel, e así poder axudar a desenvolver esta plataforma e os controladores.”…


…”Con esta medida, Nokia quere darlle a posibilidade á comunidade de poder adaptar Symbian a todo tipo de dispositivos, como por exemplo os computadores portátiles. E deste xeito non limitar o seu uso ao eido da telefonía móbil.
Esta é unha manobra da que xa avisara Nokia cando se fixo coas accións que controlaba de Symbian para convertela nunha fundación. Aínda que Nokia perdeu cartos e cota de mercado este trimestre, os teléfonos con Symbian seguen sendo unha parte moi importante do parque de dispositivos móbiles.”…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios