Segunda Autonómica Feminina. CD As Pontes 15 Atlético Muralla 0.

31

Triunfo claro e contundente das azuis no partido xogado hoxe ante un equipo lucense que se presentou en As Pontes con so sete xogadoras, que o diron todo durante os 90 minutos, e que nunca baixaron os brazos a pesar de que os goles ían caendo un tras outro. Catro de Laura e Carlota, tres de Alba, e con un, Paula, Silvia, Mar e Andrea. Un tiro á cruceta de Lara e outro de Patri Dopico.
femenino_1.jpg


Poucas conclusións se poden sacar neste tipo de partidos, tan so salientar o orgullo e pundonor das visitantes, a maestría de Laura, a calidade de Carlota, a consistencia de Lara e Andrea, que Clara medra día a día, que Alba é unha sensacional extremo ou o agardado retorno de Mar.
Na vindeira xornada o As Pontes, que suma tres triunfos e tres derrotas, visitará o campo do Tordoia.
CD AS PONTES 15. Leti; Paula, Jani, Silvia, Cris; Lara, Andrea, Clara (Alba 45´), Carlota, Laura (Patri D 45´); Candela (Mar 45´).
ATLÉTICO MURALLA 0. Patricia, Ana, Vanesa, Cris, Raquel, Bea, Enara.
Goles: Primeiro tempo. 1-0 Laura, 2-0 Carlota, 3-0 Laura, 4-0 Paula, 5-0 Laura, 6-0 Laura, 7-0 Silvia, 8-0 Carlota. Segundo tempo. 9-0 Carlota, 10-0 Alba, 11-0 Mar, 12-0 Andrea, 13-0 Alba, 14-0 Alba, 15-0 Carlota.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro e A.F.
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios