O Museo Etnográfico Monte Caxado presenta hoxe o libro ‘Imaxes da Lembranza II’

33

O equipo do Museo Etnográfico Monte Caxado presentará esta tarde o segundo número do libro Imaxes da Lembranza que recolle algunhas das fotografías antigas que constitúen o fondo fotográfico do museo e que foron facilitadas polos alumnos e as súas familias.
As festas, o traballo, o deporte, as ceremonias relixiosas, a escola, son algunhas das seccións que compoñen este libro, no que aparecen fotografadas moitas persoas da nosa vila.
O acto celebrarase ás cinco da tarde no Colexio Monte Caxado. Tódolos asistentes serán agasallados cun exemplar deste libro, que logo da presentación poderán participar nunha visita guiada polos fondos do Museo Etnográfico Monte Caxado.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios