Arqueoloxía e patrimonio, eixes das Xornadas Mouras celebradas nas Pontes

59

Cristina Arias (El Progreso) Un grupo de 30 persoas participaron onte nas primeiras Xornadas Mouras, organizadas pola Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes, no colexio Monte Caxado.
Esta cita achegou á localidade a arqueólogos de prestixio como Andrés Pena, que falou sobre as mámoas, ou Marcial Tenreiro que centrou a súa intervención na mouramia en Galicia.
XorMour-1.jpg


Ademais, Cándido Rico, un dos antigos membros do grupo arqueolóxico local Federico Maciñeira, xa desaparecido, fixo un resumo sobre as primeiras intervencións arqueolóxicas das Pontes e criticou a falla de interese por parte das institucións de poñer en valor o patrimonio pontés.
Aparte das charlas, tódolos asistentes ás xornadas participaron nunha mesa redonda sobre a conservación do patrimonio megalítico galego.
Logo dunha pausa para o xantar, os participantes levaron a cabo unha visita guiada polo museo etnográfico do colexio Monte Caxado, un proxecto didáctico creado no ano 1984 e que actualmente conta con máis de 2.150 pezas distribuídas en varias seccións polos corredores do centro educativo.
O roteiro cultural polo círculo lítico do Bidueiral e as mámoas da Veiga da Nata, programado para onte, tivo que ser suspendido pola organización debido ó mal tempo, pero esperan realizalo o antes posible.
XorMour-2.jpg
XorMour-3.jpg
xornadas1.jpg
xornadas2.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios