Catro xogadores do CD As Pontes coa selección de Ferrol sub17

148

Catro xogadores ponteses están convocados pola selección de Ferrol sub17 para un adestramento que terá lugar o vindeiro luns ás catro na Gándara. Tratase do porteiro Julián Pazos, do central Toti, do dianteiro Manu (que tamén pode xogar de medio centro) e do lateral dereito polivalente Isma López. Na convocatoria destaca a presencia do xogador da selección galega Pedro Garrote.
Cortesía de Xosé Ferreiro


Lista completa de convocados
ÁNIMAS: Ismael Romero
AS PONTES: Manuel Durán “Manu”, Francisco Chao “Toti”, Ismael López “Isma” e Julián Pazos.
CEBARCA: Ismael Prieto.
EUME: Óscar Ares.
G. CARANZA: Ismael Pedreiro e Alejandro Amil.
G. MUGARDOS: Joaquín Fernández e Javier García.
NEDA: Yon Badiola.
NUMANCIA: Víctor Vilariño
PORTUARIOS: Yosu Mbae.
R. FERROL: Diego Bañobre e Pedro Garrote.
SAN SADURNIÑO: Aaron López
O VAL: Diego Mesía, Iván Bahamonde e Daniel López.
Tamén houbo convocatoria da selección alevín, pero neste caso sen representación pontesa. Van 5 do Eume, 4 do Meirás, 3 do Caranza, 2 de Racing de Ferrol e Numancia, e 1 de San Sadurniño e Mugardos.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios