Clube Deportivo As Pontes: Resultados da fin de semana

45

Con seis vitorias, dous empates e tres derrotas saldouse a xornada dos distintos equipos do CD As Pontes, destacando a primeira vitoria na liga nacional do cadro xuvenil na Coruña diante do Montañeros B.
CD ASPONTES 1 DE NOVEMBRO 01.JPG
Info facilitada por A. Ferreiro.


Abeás, Borja, Kilian e Fernando foron os autores dos goles do primeiro triunfo pontés desta temporada. Estes tres puntos permítenlle ó equipo que adestra Carballo saír dos postos directos de descenso e na vindeira xornada ten unha boa oportunidade de sumar tres puntos máis, xa que recibe no Poboado ó pechacancelas Calasanz da Coruña. O conxunto B gañou no Poboado ó Rápido de Neda por 1-0.
Pola súa banda, o equipo feminino non pasou do empate na súa saída a Tordoia. O resultado final foi de empate a dous goles, con tantos anotados por Candela e Sara. Na vindeira xornada enfróntase no Poboado ó Santa Minia de Brión.
O equipo cadete gañou ó Galicia de Mugardos por 2-0 e actualmente ocupa a quinta posición da clasificación con trece puntos. Os que levan unha excelente traxectoria -oito vitorias de oito partidos disputados- son os infantís de Rebolo que este sábado gañaron con claridade ó Numancia de Ares (5-1) con tres goles de Diego, un de Enrique e outro de David Rey.
Con certa dificultade venceu o alevín B ó Narón Balompé (3-2), con tantos anotados por Josiño, Álex Fernández e Adrián. O alevín A perdeu en Ferrol perante o Racing San Pedro (3-1).
Na categoría benxamín, unha vitoria e unha derrota. O equipo A gañou a domicilio ó Galicia de Caranza por 1-3 (dous goles de Bruno e un de Sergio Otero) mentres que o cadro B perdeu no Poboado diante do Racing de Ferrol C (0-7).
Finalmente, o prebenxamín A, que xogaba o primeiro partido da temporada na casa, no tivo moita sorte e caeu derrotado (1-5) diante do Racing de Ferrol. Os máis “pequerrechos” chegaron a empatar o encontro con gol de Vicente. Xogaron polo As Pontes: Juan, Santi, Xoel Trastoy, Nono, Xavi, Antonio, Xoel Pena, Vicente, Alicia e Adrián. O prebenxamín B descansou nesta xornada.
RESUME RESULTADOS:
PREFERENTE: CD AS PONTES – LARACHA CF (1-1)
XUVENIL NACIONAL: MONTAÑEROS B – CD AS PONTES (1-4)
XUVENIL COMARCAL: CD AS PONTES – RÁPIDO NEDA (1-0)
FEMININO: SD TORDOIA – CD AS PONTES (2-2)
CADETE: CD AS PONTES – GALICIA MUGARDOS (2-0)
INFANTIL: CD AS PONTES – NUMANCIA ARES (5-1)
ALEVIN A: RACING SAN PEDRO – CD AS PONTES (3-1)
ALEVIN B: CD AS PONTES – NARÓN BP (3-2)
BENXAMIN A: GALICIA CARANZA – CD AS PONTES (1-3)
BENXAMIN B: CD AS PONTES – RACING DE FERROL C (0-7)
PREBENXAMIN A: CD AS PONTES – RACING DE FERROL (1-5)
PREBENXAMIN B: Descansou
CD AS PONTES 1NOV 02.jpg
CD AS PONTES 1NOV 03.jpg
CD AS PONTES 1NOV 04.jpg
CD AS PONTES 1NOV 05.jpg
CD AS PONTES 1NOV 06.jpg
CD AS PONTES 1NOV 07.JPG
CD AS PONTES 1NOV 08.JPG
CD AS PONTES 1NOV 09.JPG
CD AS PONTES 1NOV 10.JPG

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios